bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 35
Jeremiah 35
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 34
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 36 →
1
Esta é a palabra que de parte do Señor lle veu a Xeremías no tempo de Ioaquim fillo de Ioxías, rei de Xudá, nestes termos:
2
Vai á familia dos recabitas e trata con eles de que veñan ó templo do Señor, a un dos comedores, e logo dálles de beber viño.
3
Eu fun buscar a Iazanías, fillo de Xeremías, fillo de Habasinías, ós seus irmáns, a toda a súa familia e a toda a familia dos recabitas,
4
e tróuxenos ó templo do Señor, ó comedor dos fillos de Hanán, fillo de Igdalías, o home de Deus; ese comedor está ó lado do das autoridades e enriba da alcoba de Maseías, fillo de Xalum, garda da entrada.
5
Puxen diante dos fillos do clan dos recabitas xerras cheas de viño e cuncas, e díxenlles: —Bebede viño.
6
Pero eles responderon: —Nós non beberemos viño, xa que Ionadab, fillo de Recab, o noso pai, deunos estas normas: "Non bebades viño nunca máis nin vós nin os vosos fillos;
7
non construades casa, nin sementedes semente, nin plantedes viñas nin as teñades, xa que habitaredes en tendas toda a vosa vida, para deste xeito vivirdes moitos días na terra onde viviredes peregrinos".
8
E nós vimos obedecendo as instrucións que Ionadab nos deu, relativas a non bebermos viño durante toda a nosa vida, nin nós nin as nosas mulleres, nin os nosos fillos, nin as nosas fillas;
9
e en relación a non construírmos casas para vivir, nin termos viñas, nin campos, nin sementes,
10
e vivirmos en tendas. Nós obedecemos e facemos todo o que nos mandou Ionadab, noso pai.
11
Pero cando Nabucodonosor, rei de Babilonia, subiu a este país, nós dixemos: "É mellor entrar en Xerusalén para fuxir do exército dos caldeos e do exército dos arameos", e por isto vivimos en Xerusalén.
12
Logo veulle a Xeremías a palabra do Señor nestes termos:
13
—Así fala o Señor dos Exércitos, Deus de Israel: vai dicirlle a cada home de Xudá e ós habitantes de Xerusalén: Non aprendedes a lección para obedecerdes as miñas palabras? —é o Señor quen fala—.
14
Eles gardan as palabras de Ionadab, fillo de Recab, quen lles deu ós seus fillos instrucións para que non bebesen viño, e non o beben ata o día de hoxe; eles si que obedecen o mandato de seu pai. Pero a min, aínda que madruguei a dicírvolo e o fixen insistentemente, non me fixestes caso;
15
Aínda que madruguei a mandarvos os meus servos os profetas, e repetidas veces volos mandei a dicirvos: "Arrepentídevos cada un de vós do seu mal vieiro, mellorade o voso comportamento, non vaiades tras deuses alleos para lles dar culto, e así viviredes na terra que vos dei a vós e a vosos pais", vós non prestastes oído, nin me fixestes caso.
16
Os fillos de Ionadab, fillo de Recab, si que manteñen o precepto que seu pai lles ordenou, pero este pobo non me fai caso.
17
Por iso, así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: "Ollade: vou traer contra Xudá e contra todos os habitantes de Xerusalén a enteira calamidade que lles anunciei, porque lles falei e non escoitaron, berreilles e non me responderon".
18
Polo contrario, ó clan dos recabitas, díxolle Xeremías: —Así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: "Visto que obedecestes o precepto de Ionadab, voso pai, e observastes o seu mandado, e fixestes todo o que el vos mandou
19
—así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel—: non lle faltarán a Ionadab, fillo de Recab, descendentes que se manteñan na miña presenza todos os días".
← Chapter 34
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 36 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52