bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 19
Jeremiah 19
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 20 →
1
O Señor falou deste xeito: —Vai, mércalle unha ola a un oleiro, e toma contigo algún dos vellos do pobo e algún dos vellos sacerdotes.
2
Logo saes para o Val de Ben Hinnom, que está onda a porta das Telleiras, e pregoa alí as palabras que eu che direi.
3
Dilles: Escoitade a palabra do Señor, reis de Xudá e veciños de Xerusalén! Así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: "Velaquí que eu estou a traer contra este lugar unha tal desgraza que a quen a oia retumbaranlle os oídos,
4
xa que me abandonaron a min e volveron estraño este lugar, queimando nel sacrificios a deuses alleos, que nin coñeceron eles nin seus pais nin os reis de Xudá, enchendo este lugar de sangue de inocentes.
5
Construíron o santuario a Baal para queimar no lume os seus propios fillos en holocausto a Baal, cousa que nin eu lles mandei nin lles dixen nin se me pasou pola cabeza.
6
Por isto, velaquí veñen os días —é o Señor quen fala— nos que xa non se chamará este lugar o Tófet nin o Val de Ben Hinnom, senón o Val da Morte.
7
Frustrarei neste lugar o plan de Xudá e de Xerusalén, e fareinos caer coa espada diante dos seus inimigos e nas mans dos que axexan a súa vida; dareinos de comida ós paxaros do ceo e ós bechos da terra.
8
Converterei esta cidade nunha desolación e nun noxo, todo o que a atravese quedará pasmado, sentirá noxo pola aldraxe da súa devastación.
9
Si, farei que eles coman a carne dos fillos, e a carne das fillas, e cada un comerá a carne do seu compañeiro, por mor do cerco e da estreiteza con que os oprimirán os seus inimigos, e os que buscan a súa morte".
10
Logo esnaquiza a ola na presenza dos homes que te seguen,
11
e dilles: así fala o Señor dos Exércitos: "Deste xeito hei de esnaquizar este pobo e esta cidade, o mesmo que se esnaquiza o cacharro do oleiro, que non se pode recompoñer. Han enterrar en Tófet por falta de sepultura para enterrar.
12
Do mesmo xeito lles hei facer a esta cidade e ós seus veciños, hei facer desta cidade coma un Tófet.
13
As casas de Xerusalén e mais os palacios dos reis de Xudá serán coma o Tófet; inmundas están todas as casas, onde queimaron incenso nas terrazas a toda a milicia celeste, e onde verteron libacións a deuses alleos".
14
Volveu Xeremías do Tófet, a onde o mandou o Señor a profetizar, e parou no adro do templo do Señor a dicirlle a todo o pobo:
15
—Así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: "Ollade que eu estou facendo vir contra esta cidade e as súas vilas toda a calamidade que contra ela anunciei, porque endureceron as súas testas para non facer caso das miñas palabras".
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 20 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52