bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 3
Jeremiah 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 4 →
1
Dilles: Se un deixa a súa muller, e ela se vai de onda el, e ela é doutro home, volverá onda ela o primeiro? Por acaso non está profanada esta cidade? E ti non es a prostituta de moitos amantes? Pero volve a min é o Señor quen fala.
2
Ergue os ollos para os teus dous amantes: onde non fornicaron contigo? A beira dos camiños sentábaste agardándoos, como fan os nómades de Arabia no deserto. Profanaches a terra coas túas prostitucións e coas túas maldades.
3
Non se che dan as chuvias do ceo, non hai a chuvia do abril. Ti tes cara de prostituta, e non queres avergonzarte.
4
Acaso non viñeches onda min? Acaso non me clamaches: "meu Pai, ti es o amigo da miña mocidade"?
5
Seguirá Deus enfadado para sempre, ou gardarame rancor perpetuo? Velaquí o que ti dis, pero segues facendo as maldades e cada vez con máis forza.
6
Nos tempos do rei Ioxías díxome o Señor: —Non viches o que fixo a apóstata Israel, que subía a todo monte alto e se agachaba baixo toda árbore frondosa, para se dar alí á prostitución?
7
Despois que ela fixo contra min todas estas cousas, eu dixen: "Converterase", pero non se converteu. Ollouno Xudá, a pérfida da súa irmá.
8
Mostrei quen son castigando a apóstata Israel por se dar ó adulterio: rexeiteina e deille a acta de divorcio. Pero non colleu medo a pérfida da súa irmá Xudá, e vai e dáse á prostitución tamén ela.
9
A súa lixeireza para a prostitución corrompe o país, xa que comete adulterio cos que son pedra e madeira.
10
A pérfida de Xudá non se aparta converténdose a min de corazón, senón soamente na aparencia —é o Señor quen fala—.
11
Logo díxome o Señor: —Máis xusta é a actitude da apóstata Israel cá da pérfida Xudá.
12
Vai e proclama a berros este oráculo cara ó norte: Volve, apóstata Israel —é o Señor quen fala—, e non deixarei caer o meu enfado sobre vós; ollade que eu son compasivo —é o Señor quen fala— e non me quero enfadar contra a vosa rebeldía.
13
Recoñece a túa impiedade, pois pecaches contra o Señor, teu Deus, dirixiches os teus camiños a deuses estranxeiros baixo calquera árbore frondosa e non quixeches escoitar a miña voz —é o Señor quen fala—.
14
Arrepentídevos, fillos apóstatas —é o Señor quen fala—, velaquí, eu serei o voso defensor: collereivos a un de cada cidade, e a dous de cada tribo e traereivos a Sión.
15
Dareivos pastores conforme a miña idea que vos gobernen con sabedoría e sexan prudentes.
16
Habédesvos de multiplicar e aumentar no país naqueles días —é o Señor quen fala—. Ninguén falará da arca da alianza do Señor, nin se lles virá á cabeza, nin se lembrarán dela, nin a botarán de menos, nin farán unha nova.
17
No tempo aquel chamaranlle a Xerusalén "trono de Deus" e xuntaranse nela todos os pobos polo poder do Señor e por mor de Xerusalén, e xa non volverán a seguir os desexos do seu ruín corazón.
18
Desde aqueles días xuntaranse o reino de Xudá co reino de Israel (e xuntos virán da rexión do norte ó país que eu lles dei en herdanza a seus pais).
19
Velaquí que eu xa teño dito: —Con que amor te conto entre os meus fillos e che dou un país precioso, e herdas unha gloria superior ás demais nacións! Con que gusto eu repito: chamarédesme "meu Pai", endexamais non deixaredes de seguirme!
20
O mesmo que unha muller traizoa o seu marido, así vós me traizoaches a min, reino de Israel —é o Señor quen fala—.
21
Escóitanse berros nos petoutos, choros suplicantes dos fillos de Israel. Velaquí que perderon o seu camiño, esqueceron o Señor, seu Deus.
22
—Volvede, fillos apóstatas, eu fareivos abandonar as vosas apostasías. —Míranos aquí, que vimos xunto a ti, xa que ti, Señor, es o noso Deus.
23
En verdade, que engano hai nos outeiros, que confusión nos montes! En verdade, no Señor noso Deus, está a salvación de Israel.
24
Cousas vergonzosas consumiron os aforros dos nosos pais desde a nosa xuventude (as súas ovellas e vacas, os seus fillos e fillas).
25
Deitámonos coa nosa desvergonza e tapounos a nosa ignominia; pecamos contra o Señor, o noso Deus, nós e nosos pais, desde a nosa xuventude ata hoxe; non fixemos caso da palabra do Señor, noso Deus.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52