bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 26
Jeremiah 26
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 25
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 27 →
1
No comezo do reinado de Ioaquim, fillo de Ioxías, rei de Xudá, veu de parte do Señor este oráculo:
2
Así fala o Señor: Ponte de pé no adro da Casa do Señor, e pronuncia contra todas as cidades de Xudá, que veñen adorar na Casa do Señor, cantas palabras che mandei comunicarlles sen deixar ningunha.
3
Quizais che fagan caso e se converta cada un do seu mal comportamento, e así tamén eu me arrepentirei do mal que teño pensado facerlles por mor da ruindade dos seus feitos.
4
Haslles dicir deste xeito: así fala o Señor: "Se non me facedes caso cumprindo a Lei que vos puxen diante,
5
escoitando as palabras dos meus servos os profetas, que vos mandei ben de madrugada e sen parar —pero non lles fixestes caso—,
6
entón eu volverei este templo coma o de Xiloh e converterei esta cidade nunha sorte de maldición para todos os pobos do mundo".
7
Os sacerdotes, os profetas e todo o pobo escoitaba a Xeremías, mentres el proclamaba no templo estas palabras.
8
Logo, cando Xeremías acabou de dicir todo o que o Señor lle mandara dicir a todo o pobo, collérono os sacerdotes, os profetas e todo o pobo e dixéronlle: "Mereces a condena á morte,
9
porque te atreves a profetizar no nome do Señor, dicindo que este templo se volverá coma o de Xiloh e que esta cidade se quedará nas ruínas e sen habitantes". Todo o mundo se puxo arredor, contra Xeremías, no templo.
10
As autoridades de Xudá, cando souberon estas cousas, subiron desde o palacio real ó templo do Señor e sentáronse á entrada da porta nova do templo do Señor.
11
Entón os sacerdotes e os profetas dixéronlles ás autoridades e a todo o pobo: —Este home merece a pena de morte, xa que profetizou contra esta cidade, segundo vós mesmos oístes cos vosos oídos.
12
Logo Xeremías respondeulles a todas as autoridades e ó pobo todo: —O Señor mandoume a profetizar contra este templo e contra esta cidade todos os oráculos que vós oístes.
13
Agora ben, mellorade o voso comportamento e os vosos feitos, e facédelle caso á chamada do Señor, voso Deus, e o Señor arrepentirase das ameazas que proferiu contra vós.
14
E en canto a min, velaquí estou, no voso poder: tratádeme o mellor e máis xusto que vos pareza.
15
De verdade, tede ben aprendido, que, se vós me facedes morrer, facedes culpables da morte dun inocente a vós mesmos, a esta cidade e ós seus habitantes, xa que, sinceramente, foi o Señor quen me mandou a vós, a anunciar todos estes oráculos de xeito que os entendades.
16
As autoridades e todo o pobo dixéronlles ós sacerdotes e ós profetas: —Este home non merece a pena de morte, vede que nos fala no nome de Iavé, o noso Deus.
17
Logo uns homes dos anciáns da cidade erguéronse para lle dicir a toda a asemblea do pobo:
18
Miqueas, o de Moréxet, que foi profeta durante o reinado de Ezequías, rei de Xudá, faloulle a todo o pobo de Xudá, dicíndolle: así fala o Señor dos Exércitos: Sión será arada coma un campo. Xerusalén será un montón de ruínas e o monte do templo volverase un outeiro.
19
Acaso trataron de matalo Ezequías, rei de Xudá, e todo o seu pobo? Acaso non trataron de respectar o Señor, e de aplacar o seu rostro irado, para que o Señor se arrepentise do mal que lles anunciara? Nós imos cometer semellante barbaridade, que pagaremos coas nosas vidas.
20
Había entón outro home que profetizaba no nome do Señor: Urías, fillo de Xemaías, natural de Quiriat Iearim. Predicaba contra esta cidade e contra este país oráculos do mesmo xeito cós de Xeremías.
21
Logo que o rei Ioaquim, toda a súa garda e os seus ministros escoitaron os seus oráculos, o rei buscábao para matalo; pero sóuboo Urías, e cheo de medo fuxiu para Exipto.
22
O rei Ioaquim mandou homes a Exipto: a Elnatán, fillo de Acbor e o seu destacamento.
23
Sacaron a Urías de Exipto e leváronllo ó rei Ioaquim. O rei fíxoo morrer pola espada e botou o seu cadáver na fosa común.
24
Pero Ahicam, fillo de Xafán, protexeu a Xeremías, para que non caese nas mans do pobo, que o quería matar.
← Chapter 25
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 27 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52