bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 28
Jeremiah 28
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 29 →
1
Despois deste ano, o do comezo do reinado de Sedecías, rei de Xudá, no ano cuarto e no quinto mes, o profeta Hananías fillo de Azur, natural de Gabaón, díxome no templo do Señor, en presenza dos sacerdotes e de todo o pobo:
2
Así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: Estou disposto a romper o xugo do rei de Babilonia,
3
Dentro de dous anos completos eu farei volver a este lugar os utensilios do templo do Señor, que o rei de Babilonia, Nabucodonosor, colleu deste sitio e levou a Babilonia.
4
Tamén traerei eu a este lugar —é o Señor quen fala— a Ieconías, rei de Xudá, fillo de Ioaquim e todos os cativos de Xudá levados a Babilonia, xa que romperei o xugo do rei de Babilonia.
5
Entón Xeremías, o profeta, respondeulle ó profeta Hananías en presenza dos sacerdotes e de todo o pobo que se atopaba no templo do Señor.
6
O profeta Xeremías dixo: —Amén, que o Señor o faga deste xeito! Que o Señor cumpra a profecía que ti acabas de profetizar, traendo de Babilonia a este lugar os utensilios do templo do Señor e a todos os cativos.
7
Pero fai o favor de escoitarme estas palabras que vou dicir para ti e para todo o pobo:
8
"Os profetas que, coma min e coma ti houbo desde sempre, profetizaban guerras, calamidades e peste a nacións numerosas e a grandes reinos.
9
Se o profeta anunciaba fartura, ó cumprirse a súa palabra profética, o profeta era recoñecido como verdadeiramente mandado polo Señor".
10
Entón o profeta Hananías colleu o xugo que o profeta Xeremías tiña posto ó pescozo e rompeuno,
11
e diante de todo o pobo dixo: —Así fala o Señor: deste mesmo xeito hei romper dentro de dous anos completos o xugo que Nabucodonosor, rei de Babilonia, ten sobre o pescozo de todas as nacións. O profeta Xeremías colleu o seu camiño e marchou.
12
Despois que o profeta Hananías rompeu o xugo que Xeremías o profeta tivo ó pescozo, veulle a Xeremías esta palabra do Señor:
13
—Vaille dicir ó profeta Hananías: Así fala o Señor: Ti rompiches xugos de madeira, pero despois destes hei facer xugos de ferro,
14
pois así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: "Eu poño un xugo de ferro ó pescozo de todas estas nacións, para que sirvan a Nabucodonosor, rei de Babilonia, e sexan os seus vasalos, e aínda os mesmos animais salvaxes doullos a el".
15
Logo Xeremías, o profeta, díxolle ó profeta Hananías: —Escóitame, Hananías; o Señor non te mandou, senón que ti es quen fai que este pobo se fíe de ilusión.
16
Por iso, así fala o Señor: "Voute expulsar de sobre a superficie da terra: este mesmo ano morrerás, xa que predicaches a oposición ó Señor".
17
E o profeta Hananías morreu o sétimo mes dese mesmo ano.
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 29 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52