bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 32
Jeremiah 32
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 31
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 33 →
1
Esta é a palabra que de parte do Señor lle veu a Xeremías no ano décimo de Sedecías, rei de Xudá, o que corresponde ó ano décimo oitavo de Nabucodonosor.
2
Naquel entón os exércitos do rei da Babilonia estaban a cercar Xerusalén, mentres o profeta Xeremías estaba preso no patio da garda que había no palacio do rei de Xudá.
3
Prendérao Sedecías, o rei de Xudá, acusándoo: —Por que profetizas ti dicindo: así fala o Señor: "Eu entrego esta cidade ó poder do rei de Babilonia, para que a conquiste?
4
E Sedecías, o rei de Xudá, non se escapará das mans dos caldeos, senón que será entregado de certo no poder do rei de Babilonia, e falarán cara a cara, e veranse fronte a fronte.
5
El conducirá a Babilonia a Sedecías, quen quedará alí ata que eu me ocupe del —é o Señor quen fala—. Aínda que resistades contra os caldeos, non sairedes con éxito".
6
Entón dixo Xeremías: —A palabra do Señor veu a min nestes termos:
7
Velaí vén Hanamel, fillo do teu tío Xalum, onda ti, a dicirche: "Merca para ti o campo que eu teño en Anatot, xa que es ti o que ten dereito de rescate para adquirilo".
8
E, efectivamente, segundo a palabra do Señor, chegou Hanamel, o meu primo, o fillo do meu tío, ó patio da garda, e díxome: "Mércame o campo que teño en Anatot, na rexión de Benxamín, xa que ti tes o dereito de herdanza e a ti correspóndeche rescatalo: cómprao para ti". E eu comprendín que aquilo era unha orde de Deus,
9
e merqueille a Hanamel, fillo do meu tío, o campo que el tiña en Anatot e peseille a prata: dezasete siclos foi o prezo.
10
Escribín o documento de compra, seleino e cerreino, fíxenllelo asinar ás testemuñas e pesei a prata na balanza.
11
Logo collín a escritura da compra, o texto selado e cerrado coa lei e coas determinacións, e o texto aberto,
12
e entregueille o documento de compra a Baruc, fillo de Nerías, fillo de Maseías, á vista de Hanamel, o meu primo, á vista das testemuñas, que asinaran a escritura da compra, e á vista de todos os xudeus que estaban presentes no patio da garda:
13
Á vista deles, deille a Baruc esta orde:
14
"Así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: Colle estes documentos, a escritura desta compra, a escritura cerrada e selada e esta escritura aberta, e ponos nunha ola de barro para que duren moito tempo,
15
pois así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: Aínda se volverán mercar casas, campos e viñas neste país".
16
Despois de lle dar a Baruc, fillo de Nerías, o documento da compra, dirixinlle ó Señor esta oración:
17
—Ai, meu Señor, meu Deus! Ti fixeches o ceo e mais a terra co teu grande poder e co teu brazo estendido, nada hai demasiado difícil para ti.
18
Ti usas de fidelidade con miles e miles, mentres que devolves a iniquidade dos pais ó seo dos fillos que os suceden. Este é o gran Deus, o guerreiro valente; Señor dos Exércitos é o seu Nome.
19
Grandeza a deste plan, que sublimes estes feitos! Pois os teus ollos están ben abertos sobre o comportamento de todos os homes, para darlle a cada un conforme a súa conduta e os froitos das súas obras.
20
Mostrácheste realizando sinais e prodixios no país de Exipto ata o día de hoxe, e deste xeito en Israel e en todo o mundo adquiriches un renome coma o que hoxe tes,
21
xa que sacaches o teu pobo Israel do país de Exipto con sinais e con prodixios, con man forte e brazo estendido, con impresionante poder,
22
e décheslles esta terra que lles xuraras dar a seus pais, terra que deita leite e mel.
23
Entraron e tomaron posesión dela, pero non escoitaron a túa voz, nin seguiron as túas normas, non fixeron o que ti lles mandaras facer. Por isto fixeches que lles acontecese toda esta desgraza.
24
Velaquí as ramplas de asedio que chegan á cidade para conquistala, a cidade entrégase ó poder dos caldeos, que a estiveron asediando coa espada, a fame e a peste. Está a suceder o que eu dixen, e ti estalo a ver.
25
Pero, ti, meu Señor, Deus, acábasme de dicir: "Merca o campo con prata, fai asinar ás testemuñas", cando a cidade está sendo entregada ós caldeos.
26
Entón veulle a Xeremías a palabra do Señor nestes termos:
27
—Eu, o Señor, son o Deus de todos os homes: acaso hai algo imposible para min?
28
Por isto, así fala o Señor: —Vou entregar esta cidade ó poder dos caldeos, ó poder de Nabucodonosor, rei de Babilonia, que a conquistará.
29
Os caldeos que están asediando esta cidade entrarán nela e prenderanlle lume; incendiarán as casas onde, nas terrazas, queimaron incenso en honor de Baal e verteron libacións a deuses alleos para anoxarme a min.
30
Pois foron os fillos de Xudá e mais os fillos de Israel os que xa desde a súa mocidade estiveron cometendo maldades ós meus ollos; certo, os fillos de Israel estanme a ofender coas prácticas idolátricas —é o Señor quen fala—.
31
A pesar da miña ira e a pesar do meu furor, esta cidade está contra min desde o día en que a construíron ata o día de hoxe. Que se aparte da miña presenza,
32
por toda a maldade dos fillos de Israel e dos fillos de Xudá que me fixeron enfadar: eles, os seus reis, os seus principais, os seus sacerdotes, os seus profetas, os homes de Xudá, os habitantes de Xerusalén!
33
Volvéronme as costas e non deron a cara. Ensineilles a sabedoría, pero eles non aprenderon a lección do castigo.
34
Poñen as súas abominacións no templo sobre o que se invoca o meu Nome para profanalo.
35
Ollade: nos outeiros do val de Ben Hinnom construíron os altares de Baal para pasar polo lume os seus fillos e mais as súas fillas en honor de Molok, cousa que nin eu lles mandei; nin se me veu á cabeza que fixesen semellante horror, extraviando deste xeito a Xudá.
36
Pois ben, agora así fala o Señor, Deus de Israel, encol desta cidade, que vós vedes que está á mercé do poder do rei de Babilonia, da espada, da fame e da peste.
37
"Vede que os vou xuntar de todos os países a onde os dispersei por causa da miña ira, da miña furia e do meu grande noxo, e farei que volvan a este lugar e que vivan con toda a seguridade.
38
Eles serán o meu pobo e eu serei o seu Deus.
39
Dareilles a mesma mentalidade e o mesmo comportamento, de xeito que me respecten sempre. Que ben será para eles e para os fillos que os sucedan!
40
Pactarei con eles unha alianza eterna; non me apartarei deles para lles facer ben e porei o meu respecto no seu corazón, de xeito que non se aparten da miña presenza.
41
Alegrareime neles facéndolles ben e na miña fidelidade heinos plantar nesta terra con todo o meu corazón e con todas as miñas forzas".
42
Así fala o Señor: —O mesmo que trouxen sobre este pobo toda esta grande calamidade, así tamén lles traerei todo o ben que lles estou prometendo.
43
Mercarase o teu campo neste país que vós estades vendo feito unha desolación por falta de homes e de animais, que está sendo entregado ó poder dos caldeos.
44
Mercarán campos con prata, redactarase a escritura, asinarana e cerrarana e firmarán as testemuñas na rexión de Benxamín, nos arredores de Xerusalén, nas cidades de Xudá, nas cidades da montaña, nas cidades da Xefelah e nas cidades do Négueb, xa que eu farei volver os seus cativos —é o Señor quen fala—.
← Chapter 31
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 33 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52