bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 27
Jeremiah 27
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 26
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 28 →
1
Nos comezos do reinado de Ioaquim, fillo de Ioxías, rei de Xudá, veulle de parte do Señor a Xeremías este oráculo.
2
Así me falou o Señor: Faite cunhas cangas e cuns cancís e ponos no teu pescozo;
3
logo mándallelos ó rei de Edom, ó rei de Moab, ó rei dos amonitas, ó rei de Tiro e ó rei de Sidón polos embaixadores que veñen de Xerusalén onda Sedecías o rei de Xudá.
4
Mándalles que lles digan ós seus señores: —Así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel; así lles habedes dicir ós vosos señores:
5
"Eu son quen creou o mundo, cos homes e cos animais que hai sobre a superficie da terra, co meu enorme poder e co meu poderoso brazo: e doullo a quen me parece ben.
6
Agora eu poño todas estas nacións na man de Nabucodonosor, o rei de Babilonia, o meu servo; tamén lle dou todos os animais salvaxes para que o sirvan.
7
Hano servir todas as nacións, a el, ó seu fillo e ó seu neto; testemuña da chegada do período de gloria da súa nación serao tamén el, cando pobos numerosos e reis poderosos sexan os seus vasalos.
8
O pobo ou ó reino que non o sirva a el, a Nabucodonosor, rei de Babilonia, a ese pobo que realmente non poña o seu pescozo baixo o xugo do rei de Babilonia, eu pedireille contas coa espada, coa fame e coa peste —é o Señor quen fala— e acabarei con eles, servíndome de Nabucodonosor.
9
Pero vós non lles fagades caso nin ós vosos profetas, nin ós vosos adiviños, nin ás vosas soñadoras, nin ós vosos agoireiros, nin ós vosos feiticeiros, xa que eles vos repiten a cotío: Non vos sometades ó rei de Babilonia.
10
Sabede que é mentira o que eles vos están profetizando, para vos afastaren a vós da vosa terra. Si, heivos facer desaparecer, e vós pereceredes.
11
Pero ó pobo que poña o seu pescozo baixo o xugo do rei de Babilonia, e se someta a el, eu fareino vivir tranquilo na súa terra —é o Señor quen fala—, traballará e vivirá nela".
12
A Sedecías, rei de Xudá, dígolle isto mesmo: "Sometede o voso pescozo ó xugo do rei de Babilonia; servídeo a el e ó seu pobo, e deste xeito, viviredes.
13
Por que queredes morrer, ti e o teu pobo, pola espada, de fame e de peste, tal como lles dixo o Señor ós pobos que non se queren someter ó rei de Babilonia?
14
Non lles fagades caso ós consellos dos profetas que vos din: Non vos sometades ó rei de Babilonia; é falso o que eles vos profetizan,
15
pois eu non os mandei —é o Señor quen fala—, e por iso o que eles profetizan no meu Nome é mentira, de sorte que eu vos vou facer desaparecer e pereceredes vós e os profetas que profetizan para vós".
16
Os profetas e a todo este pobo eu dígolles: —Así fala o Señor: Non fagades caso das palabras dos vosos profetas que vos profetizan dicindo: "Velaquí os utensilios do templo do Señor que van ser traídos de volta de Babilonia agora, de seguidiña"; é mentira o que eles vos están profetizando.
17
Vós non lles fagades caso. Sometédevos ó rei de Babilonia e viviredes; para que converter esta cidade nun montón de ruínas?
18
Se eles son profetas, se a palabra do Señor está da súa parte, que intercedan ante o Señor dos Exércitos para que non vaia a Babilonia o resto dos utensilios que quedaron no templo do Señor, no palacio do rei e en Xerusalén.
19
En efecto, así fala o Señor dos Exércitos acerca das columnas, do Mar e das bases con rodas e do resto dos utensilios que quedan nesta cidade,
20
os que non colleu Nabucodonosor, rei de Babilonia, cando el deportou, de Xerusalén a Babilonia, a Ieconías, fillo de Ioaquim rei de Xudá, e a toda a nobreza de Xudá e de Xerusalén.
21
Así fala o Señor dos Exércitos, Deus de Israel, acerca dos utensilios que quedan no templo do Señor e no palacio do rei de Xudá e de Xerusalén:
22
"Levaranos a Babilonia e quedarán alí ata o día en que eu me ocupe deles —é o Señor quen fala— para os facer subir e volver a este lugar sagrado".
← Chapter 26
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 28 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52