bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 44
Jeremiah 44
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 43
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 45 →
1
Esta é a palabra que lle veu a Xeremías para todos os xudeus que vivían no país de Exipto, en Migdol, en Tafnes, en Nof, e no país de Patros:
2
Así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: Vós ollastes toda a desgraza que trouxen sobre Xerusalén e sobre todas as cidades de Xudá: védeas aí hoxe: unha desolación e sen un habitante nelas.
3
Por causa da maldade que cometeron, anoxándome a min, ó ir queimar incenso e dar culto a deuses alleos, ós que nin eles nin vós nin vosos pais coñeciades.
4
Por isto eu, ben cedo e decote mandeivos os meus servos os profetas a dicirvos: "Por favor, non cometades estas abominacións que eu detesto".
5
Pero nin fixeron caso nin prestaron atención para se arrepentiren da súa maldade deixando de queimar incenso a deuses alleos.
6
Por isto a miña ira e mais o meu noxo vertéronse e abrasaron as cidades de Xudá e as rúas de Xerusalén, que se volveron unha morea de ruínas e unha desolación, tal coma hoxe están.
7
Pois agora, así fala o Señor, Deus dos Exércitos, Deus de Israel: Por que seguides facendo tan grande mal para vós mesmos, exterminando do medio de Xudá a homes e mulleres, a meniños e nenos de peito, para a vosa desgraza, de xeito que non vos quede nin resto?
8
Moito me enfadan as obras das vosas mans, ó queimardes incenso a deuses alleos no país de Exipto, a onde viñestes vivir, acabando así convosco e converténdovos nunha fórmula de maldición e inxuria para todas as nacións da terra!
9
Xa esquecestes as maldades dos vosos pais, as maldades dos reis de Xudá, as maldades dos príncipes de Xudá, as vosas maldades e as maldades das vosas mulleres: maldades cometidas no país de Xudá e nas rúas de Xerusalén,
10
Ata o día de hoxe non sentiron arrepentimento nin respecto, nin se comportaron conforme as miñas leis nin os preceptos que eu promulguei na vosa presenza e na dos vosos devanceiros.
11
Por iso, así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: Eu estou volvendo a miña cara irada contra vós para mal, para exterminar a todo Xudá.
12
Collerei ó resto de Xudá, que se decidiu a ir residir no país de Exipto, e perecerán todos no país de Exipto; caerán pola espada e coa fame, perecerán desde o máis pequeno ó máis grande, pola espada e coa fame morrerán, e volveranse unha fórmula de imprecación, e unha desolación, unha maldición, unha vergonza.
13
Castigarei ós que viven no país de Exipto, o mesmo que castiguei a Xerusalén coa espada, coa fame e coa peste.
14
Non haberá sobrevivente nin escapado de entre o resto de Xudá que veu para residir no país de Exipto, e para logo volverse á terra de Xudá, onde eles arelan volver a vivir. pero non volverán, a non ser algúns fuxidos.
15
Todos os homes que sabían que as súas mulleres ofrecían incenso ós deuses alleos, e todas as mulleres que estaban presentes —unha grande asemblea—, e todo o pobo que vivía en Patrós, no país de Exipto, respondéronlle a Xeremías nestes termos:
16
—Non queremos volver a escoitar de ti este oráculo, que nos proclamaches no Nome do Señor.
17
É ben certo que faremos todo o que prometemos coa nosa boca: ofrecerlle incenso á Raíña do ceo, e verterlle libacións, como xa o fixemos nós e nosos pais, os nosos reis e as nosas autoridades, nas cidades de Xudá e nas rúas de Xerusalén, e entón fartabámonos de pan, estabamos felices e non viamos a desgraza.
18
Pero desde que deixamos de ofrecer incenso á Raíña do ceo e de lle verter libacións, faltounos todo e morremos pola espada e de fame.
19
Ben certo que nós lle ofrecemos incenso á Raíña do ceo e lle vertemos libacións. Acaso lle fixemos bicas para representala ou vertemos libacións no seu honor sen o consentimento dos nosos homes?
20
Entón Xeremías díxolle a todo o pobo, ós homes e ás mulleres e a todos os que lle responderan deste xeito:
21
Acaso das ofrendas de incenso, que nas cidades de Xudá e nas rúas de Xerusalén ofrecestes vós e vosos pais, os vosos reis e as vosas autoridades, e os vosos terratenentes, non se acordou o Señor e non lle viñeron á súa cabeza?
22
O Señor xa non puido soportar a maldade dos vosos feitos, as abominacións que cometestes, e por isto o voso país volveuse unha morea de ruínas, algo que dá medo e que se maldí por falta de habitantes, tal como está hoxe.
23
Polo feito de que pecastes contra o Señor, ofrecendo incenso e non fixestes caso da voz do Señor e non vos comportastes conforme a súa lei, os seus preceptos e as súas prescricións, por isto aconteceuvos esta desgraza, tal coma hoxe.
24
Entón Xeremías díxolle a todo o pobo e a todas as mulleres: —Escoitade a palabra do Señor, todos os xudeus que estades no país de Exipto:
25
Así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: Vós e mais as vosas mulleres, o que falades coa vosa boca cumprídelo coas vosas mans, dicindo: "Certo que temos que cumprir as nosas promesas de ofrecer incenso á Raíña do ceo e de lle verter libacións". De seguro que manteredes as vosas promesas, de seguro que cumpriredes os vosos votos.
26
Por isto escoitade a palabra do Señor todos os xudeus que vivides no país de Exipto: Xuro polo meu grande nome —dío o Señor— que non volverá a ser invocado o meu nome en todo o país de Exipto pola boca de ningún xudeu, dicindo: "Vive o meu Señor, Iavé".
27
Sabede que eu estou en vela sobre vós para facervos mal e non ben. Todos os xudeus que están no país de Exipto perecerán pola espada e de fame ata o seu exterminio.
28
Os escapados da espada, poucos en número, volveranse do país de Exipto ó país de Xudá e entón saberá todo o resto de Xudá que veu habitar no país de Exipto, se a palabra que se cumpre é a miña ou a deles.
29
Tende para vós este sinal —é o Señor quen fala— que eu vos hei castigar neste lugar, para que saibades que de verdade que as miñas palabras contra vós se han cumprir para mal.
30
Así fala o Señor: Eu entrego o Faraón Hofrá, rei de Exipto, no poder dos seus inimigos, no poder dos que buscan acabar coa súa vida, o mesmo que entreguei a Sedecías, rei de Xudá, no poder de Nabucodonosor, rei de Babilonia, o seu inimigo, que buscaba acabar coa súa vida.
← Chapter 43
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 45 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52