bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 13
Jeremiah 13
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 14 →
1
Así me dixo o Señor: Vai mercar unha faixa de liño, e pona sobre os cadrís; pero na auga non a metas.
2
Eu merquei a faixa, conforme o mandato do Señor, e cinguín con ela os cadrís.
3
Volveu de segundas falarme o Señor:
4
Colle a faixa que mercaches, a que tes sobre os cadrís; colle o camiño do Éufrates e esconde alí a faixa na fendedura dunha pena.
5
Eu fun, e escondina no Éufrates conforme o Señor me mandou.
6
E ó cabo de moito tempo díxome o Señor: —Colle o camiño do Éufrates e recolle alí a faixa no lugar onde cha mandei esconder;
7
eu fun ó Éufrates, cavei un pouco e recollín a faixa no lugar onde a escondera: a faixa estaba podre, non servía para nada.
8
Veume de novo a palabra do Señor nestes termos:
9
—Así fala o Señor: Do mesmo xeito farei podrecer a gloria de Xudá, e a grande gloria de Xerusalén.
10
Este pobo malvado que non quere escoitar as miñas palabras, que se comporta segundo os antollos do seu corazón, e que vai tras deuses alleos para lles dar culto e os adorar, será coma esa faixa que xa non serve para nada.
11
Así como a faixa cingue os cadrís, así quixen eu cinguirme de Israel e coa casa toda de Xudá, de xeito que fose o meu pobo, o meu renome, a causa da miña loanza e da miña gloria; pero non me fixeron caso.
12
Haslles anunciar este oráculo: —Así fala o Señor, o Deus de Israel: "Todos os pelellos han de se encher de viño". E responderanche: "Acaso non o sabemos de abondo, que todos os pelellos se han encher de viño?".
13
Ti responderaslles: "Así fala o Señor: Ollade: eu estou enchendo de viño da borracheira a todos os habitantes deste país: ós reis, sucesores de David, que sentan no seu trono; ós sacerdotes e ós profetas, e mais a todos os habitantes de Xerusalén.
14
Hei facer que os escachicen, cada un contra o seu irmán, os pais e mais os fillos volveranse agresivos —é o Señor quen fala—, xa non teño compaixón nin sinto mágoa nin me compadezo de acabar con eles".
15
Oíde, escoitade, non sexades soberbios, que é o Señor quen fala:
16
Dádelle ó Señor, o voso Deus, a debida adoración, antes de que apareza a escuridade, antes de que tropecen os vosos pés contra os montes das sombras; vós esperades con ansia a luz do nacente, e velaí a escuridade mortífera que se volve espesa nube.
17
Se non lle facedes caso, eu chorarei ás agachadas, por causa da vosa soberbia correrán as miñas bágoas, bágoas baixarán dos meus ollos, xa que vai cativo o rabaño do Señor.
18
Dilles ó rei e á raíña: —Humilládevos, sentádevos no chan, pois está caendo das vosas cabezas a coroa da vosa gloria.
19
As cidades do sur están pechadas xa, e non hai quen as abra; levan a Xudá ó desterro, a todo el, depórtano en masa.
20
Levanta os teus ollos, olla para os que veñen do norte. Onde están as ovellas que se che deron, o rabaño da túa gloria?
21
Que dirás cando che pidan contas das túas débedas? Ti xa lles ensinaches a túa débeda: dúas mil moedas por cabeza. Acaso non che van quitar os rabaños? Como é que te desesperas por culpa da débeda?
22
E como é que non pensas para os teus adentros: "Por que berran estes comigo"? Polos teus moitos pecados levántanche as faldras, tratan con violencia os teus calcañares.
23
Poderá cambiar a súa pel o etíope? O leopardo poderá cambiar a súa pelaxe pintada? O mesmo vós, seredes capaces de obrar ben, estando afeitos á ruindade?
24
Pois eu esparexereinos coma a palla, que desaparece co vento do deserto.
25
Esta será a túa sorte, a paga que recibes da miña parte polas túas mans —é o Señor quen fala—. A ti que me deixaches a min a un lado e confiaches na mentira,
26
tamén eu che levantarei as faldras ata a túa cara, para que se vexan as túas vergonzas,
27
os teus adulterios, os teus rinchos de luxuria, os proxectos da túa fornicación. Nos outeiros do campo vin as túas abominacións. Ai de ti, Xerusalén, que non queres purificarte! Apuras a túa morte eterna!
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 14 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52