bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 16
Jeremiah 16
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 17 →
1
Recibín a palabra do Señor, que me dixo:
2
Non cases con muller deste lugar, nin teñas fillos nin fillas neste lugar,
3
porque deste xeito lles fala o Señor ós fillos e fillas nados neste lugar, ás nais que os pariron, e ós pais que os xeraron neste país:
4
Morrerán da morte máis adoecida, non serán chorados nin sepultados, quedarán de esterco na terra, perecerán a espada e de fame; os seus cadáveres servirán de comida ós paxaros do ceo e ós animais de debaixo da terra.
5
O Señor fala deste xeito: —Non entres en casa onde se faga o banquete do enterro, nin vaias formar parte do dó, non lles deas o pésame, pois eu retiro deste pobo a miña paz —é o Señor quen fala—; retiro a miña fidelidade e misericordia.
6
Morrerán grandes e pequenos neste país, non se enterrarán nin se fará dó por eles, non se farán incisións nin raparán o pelo por eles.
7
Non haberá quen comparta con eles a tristeza, non haberá quen console por un morto, non haberá quen lles dea a beber a copa da consolación polo pai ou pola nai.
8
Ti non entres na taberna para facelos deixar de comer e beber.
9
Así fala o Señor omnipotente, o Deus de Israel: —Velaquí que eu estou facendo desaparecer deste lugar, ós vosos ollos e nos vosos días, o canto da alegría e as cantigas de ledicia, o canto do esposo e a voz da esposa.
10
Cando lle anuncies a este pobo todos estes oráculos, hanche dicir: "Por que decretou o Señor contra nós toda esta enorme calamidade? Cal é a nosa culpa? Cal é o noso pecado, o que cometemos contra o Señor, o noso Deus?"
11
Ti responderaslles: "Porque vosos pais me abandonaron a min —é o Señor quen fala— para iren tras deuses alleos, dándolles culto e adorándoos; si, abandonáronme a min e non cumpriron a miña lei.
12
E vós obrastes peor ca vosos pais, pois cada un de vós segue os apetitos do seu perverso corazón, sen me facer caso a min.
13
Por isto heivos botar desta terra para outro país, que nin coñecedes vós nin vosos pais; alí adoraredes, día e noite, os deuses alleos, porque eu non vos concederei favor ningún".
14
Certo, velaquí veñen os días —é o Señor quen fala— en que xa non se dirá: "Vive o Señor, que sacou os israelitas da terra de Exipto".
15
Senón que se dirá: "Vive o Señor, que sacou os israelitas do país do norte, e de todas as terras a onde os dispersara". E fareinos volver á terra deles, á terra que lles dei a seus pais.
16
Velaquí, eu mando moitos pescadores, para que os pesquen —é o Señor quen fala—; e despois mandarei moitos cazadores, para que os cacen por todos os montes e por todos os outeiros, e polas fendeduras das penas.
17
Os meus ollos están sobre o seu comportamento, que non ten reparo da miña presenza, e a súa iniquidade non se agacha diante dos meus ollos.
18
Saldarei por primeira e segunda vez a súa iniquidade e mais o seu pecado, porque profanaron a miña terra cos cadáveres das súas abominacións e coas súas execracións encheron a miña herdanza.
19
Señor, ti es a miña forza e o meu refuxio, ti es o lugar seguro para os días de aflición. A ti virán os xentís, desde o cabo da terra e diranche: "Lerias son o que herdaron os nosos pais, deuses vans, que de nada lles servían".
20
Pode, acaso, o home facer para si os deuses? Pero estes non son deuses.
21
Por isto, ollade o que eu lles mostro esta vez: eu móstrolles o meu poder e mais a miña forza, e saberán que o meu nome é "Iavé".
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 17 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52