bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 7
Jeremiah 7
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 8 →
1
Ordes que de parte de Deus recibiu Xeremías:
2
Ponte de pé onda a porta do templo, e proclama alí este discurso: Escoitade a palabra do Señor, todo Israel, os que entrades por estas portas para adorar o Señor!
3
Así fala o Señor dos Exércitos, Deus de Israel: —Mellorade o voso comportamento e os vosos feitos, e consentirei en que plantedes a tenda neste sagrado.
4
Non vos fiedes das palabras mentireiras que se repiten: "Velaquí o templo do Señor, o templo do Señor, o templo do Señor".
5
Se mellorades a vosa conduta e os vosos feitos, se facedes xustiza entre un home e o seu próximo,
6
se non explotades o estranxeiro, o orfo e a viúva, se non vertedes sangue inocente neste lugar santo, e se non vos ides tras deuses alleos, para a vosa desgraza,
7
eu morarei convosco neste lugar santo, no país que lles dei a vosos pais desde hai tanto tempo e para sempre.
8
Fiádesvos, en cambio, desas palabras mentireiras sen proveito.
9
E logo non matades, roubades, cometedes adulterios e xurades en falso? Acaso non ofrendades incenso a Baal e ides tras deuses alleos que antes nin coñeciades?
10
E aínda vides presentarvos diante de min neste templo no que se invoca o meu Nome, e dicides: "Estamos salvados", coa intención de seguir facendo todas estas abominacións!
11
Acaso é unha cova de bandidos este templo, onde se invoca en alto o meu Nome ós vosos ollos? Ollade que eu o estou vendo —é o Señor quen fala—.
12
Ide ó meu templo de Xiloh onde nun principio fixen morar o meu Nome e mirade o que lle fixen por causa da ruindade do meu pobo Israel.
13
Pois agora por facerdes vós todas esas maldades —é o Señor quen fala— e por non me escoitardes, a pesar dos meus oportunos e serios consellos, e por non me responderdes, aínda que vos berrei;
14
por todo iso a este santuario, no que se invoca o meu Nome, no que vós poñedes a vosa confianza, e a este templo que vos dei a vós e a vosos pais, eu fareille o mesmo que antes lle fixen ó templo de Xiloh.
15
Rexeitareivos da miña presenza, o mesmo que rexeitei a todos os vosos irmáns, e a toda a descendencia de Efraím.
16
Ti, non intercedas por este pobo, nin levantes por eles súplica fervente nin oración, pois non me atoparías; eu non estou presente para escoitarte a ti.
17
Acaso non estás vendo o que eles fan nas cidades de Xudá e nas rúas de Xerusalén?
18
Os fillos xuntan os cangos, e os pais préndenlles lume; as mulleres fan a masa, para lle faceren bicas á Raíña dos ceos; ofrecen libacións a deuses alleos para me anoxaren a min.
19
Acaso é a min a quen anoxan? —é o Señor quen fala—. Non é máis ben a si mesmos a quen deshonran, para vergonza das súas caras?
20
Por iso Iavé, o noso Señor Iavé, fala deste xeito: —Ollade que a miña ira e a miña carraxe se van verter neste templo, nos homes e nos gandos, nas árbores do campo e nos froitos da terra, o meu noxo e a miña ira arderán sen apagarse.
21
Así fala o Señor dos exércitos, o Deus de Israel: —Engadide holocaustos ós vosos sacrificios: comede a súa carne.
22
Ollade que cando saquei os vosos pais do país de Exipto, non lles falei, nin lles impuxen ningunha obrigación de holocaustos e de sacrificios,
23
senón que foi este o precepto que lles impuxen: "Escoitade a miña voz: Eu serei o voso Deus, e vós seredes o meu pobo; camiñade polo vieiro que vos mando, para que vos vaia ben".
24
Pero non fixeron caso, nin prestaron atención, senón que se comportaron conforme ós seus plans, conforme á dureza do seu ruín corazón: déronme as costas, e non a cara.
25
Desde o día en que saíron de Exipto os vosos pais ata hoxe, estívenvos mandando os meus servos, os profetas: mandéivolos cedo e a tempo,
26
pero non fixeron caso, nin me prestan atención, senón que endureceron a súa testa, volvéndose peores cós seus pais.
27
Xa lles podes repetir todo este discurso, que non te escoitarán; xa lles podes berrar, que non che responderán.
28
Haslles dicir: "Este é o pobo, que non fixo caso da voz do Señor, o seu Deus, nin dá aprendido. Perdeuse a fidelidade, arrincáronllela da boca".
29
Corta os cabelos da túa consagración e bótaos fóra, entoa unha elexía ante os dous traveseiros da túa lareira, porque o Señor refugou e abandonou, enfadado, a xeración esta.
30
Fixeron o mal á miña vista os fillos de Xudá —é o Señor quen fala—. Profanaron con cousas abominables o templo onde se invoca o meu Nome;
31
ergueron os altares de Tófet, no val de Ben Hinnom, para queimar no lume os seus fillos e fillas, algo que nin eu mandei, nin me pasou pola cabeza.
32
Por isto, ollade que están chegando os días —é o Señor quen fala— nos que xa non se nomeará o Tófet, nin o val de Ben Hinnom: chamarase o val da Morte, pois faranse enterramentos en Tófet, por falta de sepultura.
33
Os cadáveres deste pobo serán carnaza, para os paxaros do ceo e para as bestas da terra, sen que ninguén os espante.
34
Nas cidades de Xudá e nas rúas de Xerusalén, farei calar os aturuxos de ledicia e os berros de felicidade, os cantos do mozo e mais os da moza, pois o país volverase un deserto.
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 8 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52