bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 37
Jeremiah 37
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 36
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 38 →
1
O rei Sedecías, fillo de Ioxías, reinou en vez de Ieconías, fillo de Ioaquim, xa que Nabucodonosor, rei de Babilonia, o constituíu rei no país de Xudá.
2
Pero ninguén fixo caso das palabras que o Señor comunicou por medio do profeta Xeremías: nin el nin os seus ministros nin os terratenentes.
3
O rei Sedecías mandou a Iehucal, fillo de Xelemías, e ó sacerdote Sefanías, fillo de Maseías, a dicirlle a Xeremías: Se fas o favor, reza ó Señor, noso Deus, por nós.
4
Naquel entón Xeremías andaba libremente entre o pobo, pois aínda non o meteran no cárcere.
5
Daquela as tropas do Faraón saíron de Exipto, e tan pronto como os caldeos, que estaban cercando Xerusalén, oíron a noticia, levantaron o cerco de Xerusalén.
6
Entón veulle a palabra do Señor ó profeta Xeremías nestes termos:
7
—Así fala o Señor, Deus de Israel: así tedes que lle falar ó rei de Xudá, que vos mandou onda min para que eu consultase: velaquí as tropas do Faraón que saíron para axudarvos, pero volveran ó seu país de Exipto.
8
E os caldeos darán volta e loitarán contra esta cidade, tomarana e prenderanlle lume.
9
Así fala o Señor: Non levantedes os vosos ánimos dicindo: "De seguro que os caldeos marchan da nosa presenza". Porque non marcharán.
10
Aínda que derrotásedes a todos os exércitos dos caldeos que loitan contra vós, de xeito que non quedase máis que soldados acoitelados, cada un deles ergueríase da súa tenda e prenderíalle lume a esta cidade.
11
Cando o exército dos caldeos levantou o cerco de Xerusalén a causa da presenza do exército do Faraón,
12
saíu Xeremías de Xerusalén para ir á rexión de Benxamín, a fin de asistir ó reparto dunha herdanza entre o pobo.
13
O chegar el á porta de Benxamín, xa estaba tamén alí o xefe da inspección, chamado Ierías fillo de Xelemías, que prendeu ó profeta Xeremías, dicíndolle: —Ti estaste pasando ós caldeos.
14
Xeremías repuxo: —Mentira! Non me estou pasando ós caldeos. Pero Ierías non lle fixo caso e prendeu a Xeremías, e levouno xunto ás autoridades.
15
As autoridades anoxáronse con Xeremías, fixérono azoutar e metérono na cadea, na casa de Ionatán, o escribán, pois tíñana convertida en cárcere.
16
Así entrou Xeremías no interior da cisterna, nas bóvedas. Alí estivo vivindo Xeremías moito tempo.
17
O Rei Sedecías mandouno buscar, e interrogouno en secreto na súa casa: —Hai algunha palabra de parte do Señor? Respondeulle Xeremías: —Si. E engadiu: —Serás entregado no poder do rei de Babilonia.
18
Díxolle Xeremías ó rei Sedecías: —Que delito cometín contra ti, ou contra os teus servidores ou contra este pobo, para que me metades no cárcere?
19
Onde están os vosos profetas que vos profetizaron dicindo: "O rei de Babilonia non virá contra nós nin contra este país".
20
Pois agora, meu señor, meu rei, escóitame, por favor. Que a miña súplica sexa ben acollida na túa presenza, non permitas que volva á casa de Ionatán, o escribán, non permitas que eu morra alí.
21
Entón o rei Sedecías deu a orde de que detivesen a Xeremías no patio de garda e de que lle desen ó día unha bola de pan —da Rúa dos Panadeiros—, ata que se acabase o pan da cidade. Deste xeito viviu Xeremías no patio da garda.
← Chapter 36
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 38 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52