bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 30
Jeremiah 30
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 29
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 31 →
1
Palabra que de parte do Señor lle veu a Xeremías nestes termos:
2
Así fala o Señor, o Deus de Israel: Escribe para o teu servizo todas as palabras que eu che dite.
3
Velaquí veñen os días —é o Señor quen fala— nos que eu cambiarei a sorte do meu pobo Israel e Xudá —dío o Señor— e volvereinos traer ó país que lles dei a seus pais, para que o reciban en herdanza.
4
Estas son as palabras que o Señor lles di a Israel e a Xudá.
5
Así fala o Señor: —Estamos oíndo berros de angustia, de pavor sen acougo.
6
Preguntade, ollade: Están de parto os varóns? Como é que vexo a todos os homes coas mans nos riles coma a muller que está de parto, todas as caras desfiguradas? Ai, que palidez!
7
Que día tan grande ese! Non o hai coma el! Momentos de angustia para Xacob, pero verase libre dela.
8
Aquel día —é o Señor dos Exércitos quen fala— esnaquizarei o xugo de Xacob que ti levas sobre a cabeza, e romperei as túas piogas, e os estranxeiros xa nunca máis o someterán á escravitude,
9
senón que se someterán ó Señor, o seu Deus, e a David, o seu rei, a quen eu constituirei sobre eles.
10
E ti, meu servidor Xacob, non teñas medo —é o Señor quen fala— Israel, non te sintas abatido. Mira que te vou traer a salvo desde terras remotas, e vou traer a salvo a túa descendencia desde o país do seu desterro. Volverá Xacob e vivirá tranquilo, estará ó seguro e non haberá quen o atemorice.
11
Atende: eu estou contigo —é o Señor quen fala— para terte a salvo. Provocarei a destrución entre todos os pobos, a onde te dispersei, pero a ti non te destruirei: soamente che farei aprender con castigos o que é xusto, sen deixar nada sen corrección.
12
Así fala o Señor: profundo é o teu quebranto, incurable é a túa ferida,
13
non hai quen faga xustiza na túa causa: que desangre! Non hai remedio para ti: que rego de sangue!
14
Esquecéronte todos os teus amantes, a ti xa non te buscan, castigueite con castigo de inimigo, con corrección cruel; os teus pecados multiplican a débeda da túa moita ruindade.
15
Por que berras polo teu quebranto, pola túa profunda ferida? Si, os teus pecados son os que multiplicaron a débeda da tua moita ruindade, son eu quen che fixen isto.
16
Con todo, todos os que te devoran serán devorados, e todos os que te perseguen irán ó desterro, os que te rouban servirán de botín, e a todos os que te saquearon entregareinos ó saqueo.
17
Restablecerei a túa saúde, curareite das túas feridas —é o Señor quen fala—. Chamáronte "a desaparecida", "Sión non ten quen a busque".
18
Pero, así fala o Señor: —Eu son o que transformarei o desterro das tendas de Xacob, e terei piedade do seu xeito de vivir; cada cidade será construída no seu petouto, e cada pazo asentará no seu lugar propio.
19
Sairán deles cántigas de agradecemento, e os aturuxos dos que están de festa. Multiplicareinos e non minguarán, fareinos xente de ben e non serán desprezables.
20
Os seus fillos terán os privilexios de antes, e a súa asemblea manterase firme na miña presenza. Eu castigarei a todos os seus opresores.
21
O xefe será un dos seus, e o soberano nacerá deles; eu fareino achegarse, e achegarase a min, pois quen é o que pola súa conta se achegaría a min? —é o Señor quen fala—.
22
E deste xeito volveredes ser para min o meu pobo, e eu serei para vós o voso Deus.
23
Velaí a tormenta do Señor: sae o seu furor, a súa tempestade vólvese ameazadora, dá voltas sobre a testa dos malvados.
24
Non cederá o ardor da ira do Señor ata que realice e cumpra os proxectos do seu corazón. O que pasen estes días, entenderédelo.
← Chapter 29
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 31 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52