bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 6
Jeremiah 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 7 →
1
Fuxide do medio de Xerusalén, descendentes de Benxamín: tocade o corno da desbandada desde Tecoa, facede sinais desde o alto de Bet—ha—Quérem; ollade que o desastre xa se ve vir desde o norte, unha enorme desgraza.
2
Eu estou a cortar da casa de Sión o bo pasto:
3
van entrar nela pastores cos seus rabaños, plantarán arredor dela as tendas, cada un pastoreará polo seu lado.
4
Declarade a guerra santa contra ela; erguédevos, subamos contra ela ó mediodía: mágoa que se nos vai o día, que se estenden as sombras da tardiña.
5
En pé! Subamos de noite, destruamos os seus palacios.
6
Ollade o que di o Señor dos Exércitos: —Cortádelle as árbores, e construíde con elas un terraplén de asedio contra Xerusalén. Ela é a cidade merecente de castigo; no seu interior toda ela é opresión.
7
Como unha cisterna recolle as súas augas, así ela xunta a súa maldade, óense nela violencias e opresións, na miña presenza sempre se oen xemidos e golpes.
8
Faime caso, Xerusalén, senón eu apartareime de ti, e convertereite nunha desolación, en cidade deshabitada.
9
Así fala o Señor dos Exércitos: —Que medre forte coma unha cepa o resto de Israel, que a túa man, coma de vendimador, limpe os seus bacelos.
10
—A quen llo direi? A quen porei por testemuña para que me escoiten? Teñen o oído incircunciso, non son capaces de poñer atención. Velaquí a Palabra de Deus: é para eles palabra de censura que non lles agrada.
11
Eu estou cheo da ira do Señor, xa non a podo reter máis. —Bótaa sobre os rapaces na rúa, bótaa dunha vez sobre a xuntanza dos mozos, pois irán cativos o home xunto coa muller, o vello e mais o cangado de anos.
12
Deste xeito as súas casas pasarán a estranxeiros, xunto coas súas tenzas e mulleres, pois eu estenderei a man contra os habitantes do país —é o Señor quen fala—.
13
Xa que desde o máis pequeno ata o máis grande se consomen cobizando o alleo, e desde o profeta ata o sacerdote devecen por facer enganos.
14
Queren curar a ruína do meu pobo, dun xeito fácil, dicíndolle: "Paz, felicidade". Pero non hai paz.
15
Que se avergoncen, pois fixeron o que é abominable. Pero nin se avergonzan, nin saben o que é a vergonza. Por iso caerán cos que han de caer: cando eu lles pida contas, irán á ruína —fala o Señor—.
16
Así fala o Señor: —Mantédevos nos vieiros doutros tempos e observade, consultade as normas antigas: Onde está o Deus do Bo Camiño? Camiñade por el, e deste xeito atoparedes tranquilidade para a vosa vida. Pero eles responderon: "Non queremos camiñar".
17
Púxenvos sentinelas: "Estade atentos ó toque do corno". Pero responderon: "Non queremos estar atentos".
18
Por isto escoitade, pobos; dáte conta, xuntanza dos pobos, do que hai para eles;
19
escóitao, terra enteira. Mirade que estou traendo a desgraza para este pobo, o froito dos seus proxectos; pois non puxeron atención ás miñas palabras e mesmo rexeitaron a miña Lei.
20
Por que me traedes entón o incenso desde Sabá, e a cana recendente desde terras remotas? Os vosos holocaustos non son do meu agrado, nin os vosos sacrificios me contentan.
21
Por isto, fala o Señor deste xeito: —Velaquí que estou a pór atrancos a este pobo, para que tropecen pais e fillos xuntos, para que morran o do país e mais o seu veciño.
22
Así fala o Señor: —Ollade: do norte vén un pobo, desde a outra esquina do mundo avanza un gran pobo;
23
empuñan o arco e a lanza curta, son crueis e non teñen compaixón, os seus berros resoan coma o mar, montan cabalos; coma un só home están formados para a guerra contra ti, filla de Sión.
24
—O escoitar a grande sona deste pobo, estremecen as nosas mans, apértanos a anguria, unha dor coma de muller no parto.
25
—Non saias ó campo, non sigas o camiño, pois eu infesto coa espada: todo o entorno é terror e o terror está por todo o arredor.
26
—Filla do meu pobo, vístete de saco, cúbrete de cinsa. Fai por ti un loito coma por un fillo único, entristece e chora polo teu ben; axiña chega contra nós o destrutor.
27
Eu constitúote en examinador do meu pobo, para que examines a miña cidade cortada a pico, para que probes o seu comportamento.
28
Todos eles son os máis rebeldes, impuros coma o bronce e o ferro: son un fato de desnaturados.
29
Moven con forza o fol para fundir o chumbo; pero en van fonde o fundidor: os malvados non se purifican.
30
Prata de refugallo hai que chamarlles, xa que o Señor os refuga.
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52