bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 31
Jeremiah 31
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 30
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 32 →
1
E entón —é o Señor quen fala— eu serei Deus para todas as tribos de Israel, e eles serán o meu pobo.
2
Así fala o Señor: —No deserto atopa ó Bondadoso o pobo dos que fuxiron da espada; Israel vai á procura do seu acougo,
3
de lonxe aparéceselle o Señor. Quíxente cun amor eterno, por iso mantiven moito tempo a miña fidelidade.
4
Volverei construírte e quedarás construída, virxe de Israel; volverás a arranxar os teus pandeiros, e sairás á danza cos que están de festa.
5
Volverás a plantar viñas nos montes de Samaría; os mesmos que as plantan, danzarán.
6
Pois chegará o día en que berren os vixías desde o monte de Efraím: "En pé! Subamos a Sión, onda o Señor, o noso Deus".
7
Así fala o Señor: —Aclamade a Xacob con gritos de alegría, gritádelle á primeira das nacións. Pregoade, loade, clamade: "Salva, Señor, o teu pobo, salva o resto de Israel".
8
Vede: vounos traer do país do norte, vounos reunir desde os cabos do mundo. Entre eles haberá cegos e coxos, a que está en cinta xunto coa parida, volverán en enorme multitude.
9
Velaí, chegarán chorando; pero entre aclamacións de agradecemento, heinos conducir, heinos levar ós regueiros de auga por un camiño seguro onde non han tropezar. Si, volvereime pai de Israel, e Efraím será o meu primoxénito.
10
Escoitade a palabra do Señor, pobos, facédea coñecer nas illas de lonxe, anunciádea: —O que dispersou a Israel, xuntarao, e gardarao coma un pastor o seu rabaño.
11
Certo, rescatará o Señor a Xacob, librarao dunha man máis forte.
12
Chegarán para festexalo á cima de Sión, correrán cara ós bens do Señor, tralo trigo, o mosto e o aceite, tralas crías do rabaño e do gando. As súas vidas serán coma un horto ben regado, xa nunca máis volverán a enfraquecer.
13
Entón a virxe alegrarase na danza, os mozos e os vellos andarán ledos; eu cambiarei o seu loito en ledicia, consolareinos e alegrareinos despois da súa aflición.
14
Enchouparei en graxa a gorxa dos sacerdotes, e o meu pobo fartarase dos meus bens —é o Señor quen fala—.
15
Así fala o Señor: —Óense berros en Ramah, cantos de loito, choros de amargura: Raquel está a chorar polos seus fillos, non se quere consolar. Polos seus fillos, velaí o noso loito!
16
Así fala o Señor: —Non deas a túa voz ó pranto, nin os teus ollos ás bágoas, que os teus traballos terán recompensa —é o Señor quen o di—: os fillos volverán do país inimigo.
17
O teu porvir está cheo de esperanza —é o Señor quen o di—: os fillos volverán á súa patria.
18
Escoitar estou escoitando como se lamenta Efraím: "Para que eu fose ben ensinado, ti ensináchesme con castigo, a min, becerro que non se doma. Para que eu me convertese, fixéchesme converter ti, Señor, o meu Deus.
19
Desde que me convertín, sentinme consolado, e despois de me dar conta empecei a petar nos cadrís: cubrinme de vergonza e de ignominia, de ter que soportar o oprobio da miña xuventude".
20
Non é Efraím para min o fillo tan estimado, non é o fillo do meu contentamento? Cantas veces falo contra el, outras tantas o teño que relembrar, por iso conmóvense as miñas entrañas por el, teño que compadecerme del —é o Señor quen fala—.
21
Levanta os marcos de sinal nos teus camiños, pon os teus indicadores, pon moita atención ó vieiro, á verea por onde vas. Volve, virxe de Israel, volve a estas túas cidades.
22
Ata que día andará de aquí para alí esta filla divorciada? Cando o Señor cree o novo pacto no país, a muller volverá ó seu home.
23
Así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: —Cando eu traia os desterrados, volveranse repetir no país de Xudá e nas súas cidades estas verbas: "Que o Señor te bendiza, rexión de lexítima morada, monte do santuario".
24
Alí morarán Xudá e todas as súas cidades, alí se xuntarán os xornaleiros para saíren canda o rabaño.
25
Eu saciarei de auga súa gorxa esgotada, encherei toda gorxa esmorecente.
26
E, nisto, espertei e deime conta de que o meu soño resultaba ledo.
27
Velaquí están os días —é o Señor quen fala— nos que sementarei a casa de Xudá e a casa de Israel con semente de homes e semente de animais.
28
E do mesmo xeito que os tiven en vixilancia para arrincar e derrubar, para aniquilar, para destruír e para danar, así tamén montarei vixilancia sobre eles para construír e para plantar —é o Señor quen fala—.
29
Nos días que están a chegar, xa non se volverá dicir: "Os pais comeron as uvas verdes, e os fillos teñen os dentes limados",
30
senón que cada un morrerá pola súa propia culpa. Se alguén come uvas verdes, será el quen perda os dentes.
31
Velaquí os días —é o Señor quen fala— nos que pactarei coa casa de Xudá e co reino de Israel unha alianza nova;
32
non coma a alianza que pactei cos seus pais, o día no que os collín pola man para os sacar do país de Exipto; pois eles quebrantaron o meu pacto, aínda que eu seguín sendo o seu Señor —é o Señor quen fala—.
33
Velaquí o pacto que eu hei pactar coa casa de Israel despois deses días —é o Señor quen fala—: Hei meter a miña lei nas súas entrañas, escribireina nos seus corazóns, serei para eles o seu Deus, e eles serán para min o meu pobo.
34
Xa ninguén terá que instruír o compañeiro, xa ninguén terá que instruír o seu irmán, dicíndolle: "Respectade o Señor"; senón que todos eles me farán caso, desde o máis noviño ó máis grande —é o Señor quen fala—, pois eu perdoareilles a súa iniquidade, e xa non me lembrarei máis dos seus pecados.
35
Así fala o Señor, que establece o sol para luz do día, que establece as leis da lúa e das estrelas para luz da noite; o que alporiza ó mar e braman as súas ondas; o seu nome é Señor dos Exércitos:
36
Cando fallen todas estas leis na miña presenza —é o Señor quen fala—, tamén a raza de Israel deixará de ser pobo na miña presenza para sempre.
37
Así fala o Señor: Cando se cheguen a medir os ceos desde o alto, cando se exploren os alicerces da terra no profundo, tamén eu rexeitarei a toda a estirpe de Israel, por todo o que fixo —é o Señor quen fala—.
38
Veñen días —é o Señor quen fala— nos que se construirá a cidade para o Señor desde a Torre de Hananel á Porta da Esquina.
39
E o seu cordel de medir continuarase estendendo en presenza do Señor pola ladeira de Gareb e dará a volta na dirección de Goat.
40
Todo o barranco será para os ósos e para a cinsa das graxas dos sacrificios, e todos os campos ata o nacente ata o regato Cedrón e ata a esquina da Porta dos Cabalos serán cousa sacra dedicada ó Señor, que nunca máis volverá ser destruída nin arrasada.
← Chapter 30
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 32 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52