bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 21
Jeremiah 21
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 22 →
1
Palabra que da parte do Señor lle veu a Xeremías, cando o rei Sedecías mandou a onda el a Paxhur, fillo de Malaquías, e ó sacerdote Sefanías, fillo de Maseías, para lle dicir:
2
Por favor, consúltalle ó Señor da nosa parte, porque Nabucodonosor, rei de Babilonia, estanos atacando. Quen nos dera que o Señor nos tratase segundo as súas intervencións prodixiosas e o volvese incapaz de nos atacar!
3
E Xeremías díxolles: A Sedecías transmitídelle isto:
4
Así fala o Señor, Deus de Israel: "As armas que tendes nas vosas mans e coas que loitades, devólvollas eu ó rei de Babilonia e ós caldeos que vos cercan desde fóra da muralla, e heinas de xuntar no medio desta cidade.
5
Eu en persoa loitarei contra vós, coa man estendida e con brazo forte, con ira, con noxo e con grande rabia.
6
Farei ferir os habitantes desta cidade, homes e animais, que morrerán dunha grande peste.
7
Despois disto —é o Señor quen fala— hei entregar a Sedecías, rei de Xudá, os seus servidores, o pobo, e os que nesta cidade queden con vida da peste, da espada e da fame, heinos de entregar nas mans de Nabucodonosor, rei de Babilonia, nas mans dos seus inimigos, e nas mans dos que atentan contra a súa vida. El pasaraos polo fío da espada, sen piedade, nin respecto, nin compaixón".
8
A este pobo haslle dicir: —Así fala o Señor: "Vede que poño diante de vós o camiño da vida e o camiño da morte:
9
o que siga vivindo nesta cidade morrerá de espada, de fame e de peste; o que saia e se renda ós caldeos, que vos están cercando, vivirá: así, cando menos, conservará a súa vida como botín.
10
Poño a miña ira nesta cidade para mal e non para ben —é o Señor quen fala— e entrégoa na man do rei de Babilonia, para que a queime con lume".
11
Ollade, casa do rei de Xudá, escoitade a palabra do Señor:
12
—Casa de David, así fala o Señor: "Examinadores, administrade a xustiza, librade o oprimido da man do opresor; se non, a miña ira xurdirá coma lume, queimará e non haberá quen a apague, por mor da maldade dos seus feitos.
13
Velaquí estou contra ti, que dominas nos fortes e es a rocha dos xustos —é o Señor quen fala—: vós sodes os que dicides: quen baixará contra nós? Quen entrará nos nosos casais?
14
Eu castigareivos conforme o froito das vosas accións —é o Señor quen fala—. Prendereille lume ó seu bosque, e o lume consumirá todo no arredor".
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 22 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52