bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 18
Jeremiah 18
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 19 →
1
Esta é a orde que recibiu Xeremías da parte do Señor:
2
Anda, baixa ó taller do oleiro, pois alí che comunicarei as miñas palabras.
3
Eu baixei ó taller do oleiro e vin que estaba no torno co seu traballo.
4
Cando ó oleiro lle saía mal o cacharro que estaba facendo, co barro que tiña na súa man transformábao noutro cacharro distinto, segundo lle parecía que o barro servía mellor.
5
Veume de novo a palabra do Señor nestes termos:
6
—Acaso non serei eu capaz de facervos a vós, casa de Israel, como fai este oleiro? —é o Señor quen fala—. Como está o barro na man do oleiro, así estades vós na miña man, casa de Israel.
7
De pronto falo contra un pobo e contra un reino, de arrincalo, arrasalo e destruílo;
8
pero, se este pobo contra quen eu falei se volve da súa iniquidade, eu arrepíntome do mal que pensei facerlle.
9
E de repente fálolle ó pobo e ó reino de edificalo e plantalo.
10
Pero se comete a iniquidade ós meus ollos, non facendo caso da miña chamada, entón arrepíntome do ben con que falei de o favorecer.
11
E agora fálolles ós xudeus e ós veciños de Xerusalén: Así fala o Señor: —Ollade, eu son o oleiro e estou dándolle forma a un desastre contra vós, estou maquinando algo contra vós. Volvédevos, por favor, cada un do seu camiño de maldade, mellorade o voso comportamento e as vosas obras.
12
Pero eles din: —Fóra! Seguiremos as nosas ideas, cada un de nós obrará conforme o seu corazón obstinado na maldade.
13
Por iso, así fala o Señor: —Preguntádelles ós pagáns: quen oíu tales cousas coma estas? Sen vergoña se espiu a virxe de Israel.
14
Deixa o Poderoso de ser Rocha? Deixa a neve o Líbano? Minguan as augas alleas? Minguan as fontes que corren?
15
Como se esquece de min o meu pobo, como ofrece incenso a Nada, como tropeza nos seus camiños, para camiñar por corredoiras, por carreiros sen construír,
16
convertendo así a súa terra nunha desolación, nun noxo para sempre! Todo o que a atravese quedará pasmado, daralle á cabeza para un lado e para outro.
17
Coma cun aire soán heinos esparexer na presenza dos inimigos; vereilles as costas, non a cara, o día da súa desgraza.
18
Eles dixeron: —Ollade, tramemos plans contra Xeremías, pois a Lei non lle faltará ó sacerdote, nin o consello lle faltará ó sabio, nin a palabra ó profeta; vinde, castiguémolo pola súa lingua, e non fagamos caso das súas verbas.
19
—Aténdeme, Señor, escoita a voz dos meus inimigos.
20
Págase, acaso, mal por ben? Velaquí que cavaron para min un pozo. Lémbrate de que estiven ante ti, para falar ben a favor deles, para apartar deles o teu noxo.
21
Por iso, entrega os seus fillos á fame, fainos desangrar coa forza da espada; queden as súas mulleres sen fillos e viúvas, sexan os seus homes mortos pola peste, os seus mozos feridos con espada na guerra.
22
Que se oian saír das súas casas os berros, cando de repente traias contra eles bandas de asasinos, porque cavaron un pozo para collerme e esconderon alí trampas para os meus pés.
23
Pero ti, Señor, coñeces ben todos os seus plans de morte contra min: non lles perdoes a súa iniquidade; o seu pecado non o borres da túa presenza. Sexan eles quen tropecen e caian ante ti; na hora da túa ira actúa contra eles.
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 19 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52