bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 40
Jeremiah 40
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 39
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 41 →
1
Palabra que de parte do Señor lle veu a Xeremías, despois que Nebuzardán, xefe da garda persoal, o mandou desde Ramah, cando o colleu ó seu cargo, pois el estaba preso con cadeas entre todos os cativos de Xerusalén e de Xudá, que eran levados cativos a Babilonia.
2
O xefe da garda persoal colleu a Xeremías ó seu cargo e díxolle: O Señor, o teu Deus, anunciou este desastre contra este lugar;
3
o Señor fíxoo vir e realizouno tal como el predixera; fostes vós os que pecastes contra o Señor e non fixestes caso da súa voz, e por iso sucédenvos estas cousas.
4
E agora, eu solto hoxe as cadeas que tes nas túas mans. Se prefires vir comigo a Babilonia, ven, que eu mirarei por ti; se non queres vir comigo á grande Babilonia, velaí todo o país diante de ti: vai onde che pareza que é mellor e máis xusto que vaias.
5
Se o noso xeito de vida non che gusta, vólvete xunto a Guedalías, fillo de Ahicam, fillo de Xafán, a quen o rei de Babilonia constituíu gobernador das cidades de Xudá, e vive con el entre o pobo; ou a onde che pareza máis xusto ir, vaite. E logo de darlle o xefe da garda persoal provisións para o camiño e regalos, despediuse del.
6
E Xeremías foi onda Guedalías, fillo de Ahicam, a Mispah, e residiu xunto con el entre o pobo que quedara no país.
7
Cando se informaron todos os capitáns das tropas que había no campo xunto cos seus homes de que o rei de Babilonia constituíra gobernador do país a Guedalías, fillo de Ahicam, e de que lle confiara o goberno dos homes, das mulleres, dos meniños e dos máis pobres do país —os que non foran levados cativos a Babilonia—,
8
foron onda Guedalías a Mispah: Ismael, fillo de Netanías, Iohanán e Ionatán, fillos de Caréah; Sedacías, fillo de Tanhúmet, os fillos de Ofai o netofaíta, Iezanías, fillo de Macateo, todos eles e mais os seus homes.
9
Entón Guedalías, fillo de Ahicam, fillo de Xafán, xuroulles a eles e ós seus homes nestes termos: —Non teñades medo de vos someterdes ós caldeos; vivide neste país someténdovos ó rei de Babilonia, para que vos vaia ben.
10
Pois eu, velaquí que teño que vivir en Mispah, para representar o país ante os caldeos que veñan visitarnos; pero vós recollede viño e trigo, e poñédeo nas vosas olas; vivide nas cidades que escollestes.
11
Todos os xudeus que estaban en Moab entre os amonitas, en Edom e en todos os países, tamén se informaron de que o rei de Babilonia lle deixara un resto a Xudá, e de que constituíra gobernador deste resto a Guedalías, fillo de Ahicam, fillo de Xafán.
12
Todos os xudeus volveron desde os sitios a onde fuxiran, e viñeron ó país de Xudá, onda Guedalías, a Mispah, e colleitaron viño e trigo en moita cantidade.
13
Iohanán, fillo de Caréah, e todos os xefes das tropas que había no campo, viñeron onda Guedalías en Mispah,
14
e dixéronlle: —Acaso ti non sabes que o rei dos amonitas, Balís, mandou a Ismael, fillo do Netanías a que te matase? Pero Guedalías, fillo de Ahicam, non lles deu creto.
15
Entón Iohanán, fillo de Caréah, díxolle en secreto a Guedalías en Mispah: —Déixame ir, que eu matarei a Ismael, fillo de Netanías; ninguén o saberá. Por que vai matarte e dispersarse todo Xudá, que se xuntou ó teu lado, e por que vai perecer o resto de Xudá?
16
Guedalías, fillo de Ahicam, respondeulle a Iohanán, fillo de Caréah: —Non fagas iso. O que ti me contas de Ismael é mentira.
← Chapter 39
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 41 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52