bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 8
Jeremiah 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 9 →
1
No tempo aquel —é o Señor quen fala— sacarán das súas sepulturas os ósos dos reis de Xudá e dos seus príncipes, os ósos dos sacerdotes e dos profetas, e mais os ósos dos habitantes de Xerusalén,
2
estenderanos á luz do sol e ó luar da noite, e ó brillo de todas as estrelas do ceo, ás que tanto quixeron, ó servizo das que se puxeron, tralas que camiñaron, as que espreitaron e adoraron. Os ósos non se xuntarán nin serán enterrados, servirán de esterco por riba da terra.
3
A morte será preferible á vida para todo o resto: para os superviventes desta caste perversa, e para os de todos os lugares a onde eu os expulso —é o Señor dos Exércitos quen fala—.
4
Haslles dicir: —Así fala o Señor: Caen e non se erguen? Apostata o pobo e non se converte?
5
Por que apostata este pobo? Por que Xerusalén se pon á fronte da apostasía? Empéñanse en traizoarme, refugan converterse.
6
Prestei atención e escoitei: falan o que non é, non hai quen se arrepinta da súa ruindade, non hai quen diga: "Que fixen!". Ollade: ninguén volve ó seu fervor, como non dá volta o cabalo lanzado á guerra.
7
As cegoñas do ceo coñecen todas o tempo da súa volta, as rulas, as andoriñas e os grous volven no seu tempo; pero o meu pobo non recoñece o mandato do Señor.
8
Con que dereito dicides: "Somos sabios, temos connosco a Lei do Señor?". Ollade: vólvese mentira a realidade da Lei, pois os seus peritos pregoan a falsidade.
9
Avergónzanse os sabios, espavorecen e caen prisioneiros. Velaquí, rexeitaron a Palabra do Señor! Que clase de saber é o que teñen?
10
Por isto entregarei as súas mulleres ós estranxeiros, as súas tenzas ós conquistadores; xa que do máis pequeno ata o máis grande consómense cobizando o alleo, desde o profeta ata o sacerdote consómense facendo enganos.
11
Queren curar a ruína do meu pobo dun xeito fácil, dicíndolle: "Paz, felicidade". Pero non hai paz.
12
Que se avergoncen, pois fixeron o abominable; pero nin se avergonzan, nin saben o que é a vergonza. Por isto caerán cos que han caer; cando eu lles pida contas, irán á ruína —é o Señor quen o di—.
13
Teño que facer neles a colleita —é o Señor quen fala—: non hai acios na viña nin figos na figueira; teñen as follas secas; entregareinos e fareinos desaparecer.
14
—Que facemos nós aquí sentados? Xuntémonos, subamos ás cidades amuralladas, fagamos loito alí porque o Señor, noso Deus, nolo manda facer; mándanos beber as bágoas dos nosos ollos, xa que pecamos contra El.
15
Esperamos confiados a paz, e non hai ningún ben; esperemos o tempo da cura, e chega o terror.
16
Desde Dan óese o rincho dos seus cabalos; cos rinchos dos seus corceis estremécese toda a capital; entran e devoran a capital e os seus moradores, a cidade e mais os seus habitantes.
17
—Ollade: eu mando contra vós serpentes velenosas, para as que non hai encantamento posible, senón que vos morderán —é o Señor quen fala—.
18
Do meu fígado sobe a tristeza, sobe do meu corazón o desacougo.
19
Berros de socorro para a filla do meu pobo veñen da capital dos estranxeiros: E logo non está o Señor en Sión? Acaso non está alí o seu Rei? Por que me aldraxaron cos seus ídolos, coas vaidades do culto estranxeiro?
20
Pasou a seitura, acabouse o verán, pero nós non fomos salvados.
21
Ando eu aflito pola angustia da filla do meu pobo, estou triste, o pavor atenázame.
22
Non hai bálsamo en Galaad? Non hai alí curandeiro? Como é que non cerra a ferida da filla do meu pobo?
23
Quen lle dera bágoas ó meu rostro, ós meus ollos unha fonte de bágoas!, para chorar día e noite as profanacións da filla do meu pobo.
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52