bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 25
Jeremiah 25
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 24
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 26 →
1
O ano cuarto de Ioaquim fillo de Ioxías, rei de Xudá, que foi o ano primeiro de Nabucodonosor, rei de Babilonia, veulle a Xeremías este discurso para todo o pobo.
2
O profeta Xeremías anuncioullo a todo o pobo de Xudá e a todos os veciños de Xerusalén, dicíndolles:
3
Desde o ano trece de Ioxías, fillo de Amón, rei de Xudá, ata hoxe estame vindo a palabra do Señor e véñovos falando, madrugo para falarvos; pero non facedes caso.
4
O Señor mandouvos os seus servos, os profetas, madrugou para mandárvolos; pero non fixestes caso nin prestastes o voso oído para escoitar.
5
Véñovos dicindo: "Volvédevos cada un do seu mal camiño e da ruindade dos vosos feitos e vivide na terra, que desde sempre e para sempre vos deu o Señor a vós e a vosos pais.
6
Non vos vaiades tras deuses alleos, nin os sirvades e adoredes, nin me enchades de ira coas obras das vosas mans, e deste xeito non vos farei mal".
7
Pero non me fixestes caso —é o Señor quen fala—, e enchéstesme de ira coas obras das vosas mans, para a vosa desgraza.
8
Por iso, así fala o Señor dos Exércitos: —Xa que non fixestes caso da miña palabra,
9
velaquí que eu pola miña conta —é o Señor quen fala— envíovos todas as tribos do norte e mais a Nabucodonosor, rei de Babilonia, o meu servo; heinos de traer contra esta cidade e os seus habitantes e contra todos os pobos que están ó seu arredor, e consagrareinos á destrución total; heinos converter nunha vergonza, nunha burla e nunha ruína para sempre.
10
Farei desaparecer entre eles os berros de alegría e os berros de gozo, as cántigas dos mozos, as cántigas das mozas, o ruído das pedras de moer e a luz do candil.
11
Todo este país será unha desolación e un estrago, e todos estes pobos serán servos do rei de Babilonia durante setenta anos.
12
Pero cando se cumpran os setenta anos, heilles pedir contas ó rei de Babilonia e ó seu pobo das súas iniquidades, o mesmo que ó país dos caldeos, que converterei nunha desolación para sempre.
13
E cumprirei con este país todas as ameazas que contra el pronunciei. Cumprirei todo o escrito neste libro, que contén o que Xeremías profetizou contra todos os pobos.
14
Xa que eles escravizaron a moitos pobos e a grandes reis, tamén eu lles pagarei conforme os seus feitos e as obras das súas mans.
15
O Señor, Deus de Israel, díxome isto: —Cólleme esta taza de viño, colle da miña man este veleno: fáillelo beber a todos os pobos, ós que eu che mando.
16
Que beban, que vomiten a borracheira, que enlouquezan ante a espada que eu boto entre eles.
17
Collín a taza da man do Señor, e deilles de beber a todos os pobos ós que o Señor me mandou.
18
Deilles de beber a Xerusalén e ás cidades de Xudá, ós seus reis e ós seus nobres, para os converter nunha ruína desoladora, en mofa e en maldición tal como hoxe están.
19
Deilles de beber ó Faraón, rei de Exipto, ós seus criados, ós seus principais, a todo o seu pobo,
20
e a todos os seus sacerdotes; a todos os reis do país de Us, a todos os reis de Filistea: a Axquelón, a Gaza, a Ecrón e ó que quedaba de Axdod.
21
Deilles de beber a Edom, a Moab e ós amonitas:
22
A todos os reis de Tiro, a todos os reis de Sidón e ós reis da illa que está ó poñente do mar;
23
A Dedán, a Temá e a Buz e a todos os que levan a cabeza rapada polos lados.
24
A todos os reis da Arabia, e a todos os reis do poñente que viven na estepa;
25
A todos os reis de Zimrí, a todos os reis de Elam e a todos os reis de Madai.
26
A todos os reis do norte, ós de preto e ós de lonxe. A cada un despois do outro, e a todos os reinos que viven na superficie da terra, pero o rei de Xexac beberá despois deles.
27
Haslles dicir: —así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: "Bebede, emborrachádevos, vomitade e caede, sen serdes capaces de vos ter de pé, á vista da espada que eu estou lanzando no medio de vós".
28
E se refugasen coller a taza da túa man para beber, dilles: —Así fala o Señor dos Exércitos: "Beber si que haberedes beber".
29
Pois se eu comezo a castigar empezando pola cidade onde se invoca o meu Nome, ides quedar vós libres? Non quedaredes libres, pois eu estou reclamando a espada contra todos os habitantes do mundo —é o Señor dos Exércitos quen fala—.
30
Ti proclama contra eles todos estes oráculos e dilles: "O Señor roxe desde o alto, lanza a súa voz desde a súa santa morada; roxe contra as súas posesións, lanza berros, coma os dos que pisan no lagar, a todos os habitantes do mundo".
31
A devastación chega ó cabo da terra, xa que o Señor ten un preito cos pobos, está xulgando a todos os homes, e os culpables entregaraos á espada —é o Señor quen fala—.
32
Así fala o Señor dos Exércitos: —Velaí a desgraza que salta dun pobo a outro pobo, unha gran tempestade ponse en camiño desde os extremos da terra.
33
No día aquel os feridos de morte polo Señor estenderanse dun cabo ó outro da terra; non se fará loito por eles, non serán retirados nin enterrados; quedarán de esterco sobre a tona da terra.
34
Ouveade, pastores! Dade gritos! Enzoufádevos na lama, xefes do rabaño! Velaí cumpridos os vosos días para serdes degolados; eu fíxenvos nadar na fartura, pero vós caedes coma un vaso precioso.
35
Perdeuse todo refuxio para os pastores, e todo escriba para os xefes do rabaño.
36
Oense berros de desesperación dos pastores, ouveos dos xefes do rabaño: é o Señor quen está arruinando os seus pasteiros.
37
Desaparecen os pasteiros da fartura, por causa do furor da ira do Señor.
38
Coma o león deixa a súa cova, así o país vólvese unha desolación, por causa do furor do Poderoso, por causa do furor da súa ira.
← Chapter 24
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 26 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52