bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 17
Jeremiah 17
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 18 →
1
O pecado de Xudá está escrito cun punteiro de ferro, cunha punta de diamante está ben gravado na táboa do seu corazón, e nos cornos dos vosos altares.
2
Os fillos lembraranse dos seus altares e das súas estelas, seguirán correndo polo agro onda as árbores frondosas, onda os altos outeiros.
3
As túas riquezas e todos os teus tesouros entregareinos ó saqueo; polo teu pecar, sairás dos teus altos e dos teus lindeiros;
4
e pola túa propia culpa, sairás da túa herdanza, a que eu che dei. Fareite servo dos teus inimigos, nun país que non coñecías, pois o lume acéndese na miña cara, e arde para sempre.
5
Así fala o Señor: —Maldito o home que confía no home: pon a súa forza na carne, e retira do Señor o seu corazón.
6
Será coma un cardo no ermo, non verá vir a fartura; habitará nas pedras do deserto, terra salobre e inhabitable.
7
Bendito o home que confía en Deus: a súa esperanza é o Señor.
8
Será coma unha árbore transplantada xunto á auga, que bota as súas raíces para o regueiro; non notará cando veña a seca, e a súa follaxe estará frondosa; nos anos de seca non terá preocupacións, pois non deixará de dar froito.
9
O máis persoal e propio de todo é o corazón; é o máis íntimo: quen o coñecerá?
10
Eu, o Señor, son quen escruto as intencións, quen examina os sentimentos, para lle dar a cada un conforme o seu comportamento, conforme o froito das súas obras.
11
O macho da perdiz choca o ovo que non puxo, o mesmo é quen xunta riquezas, pero non con xustiza; á metade da súa vida abandónano, e ó final queda coma un parvo.
12
O trono da gloria é a montaña primordial, o sitio do noso santuario.
13
Ti, Señor, es a esperanza de Israel: todos os que te abandonan, hanse avergonzar; a min foime dito que todos estes se han escribir debaixo da terra, porque deixaron a fonte das augas da vida: o Señor.
14
Sándame, Señor, e quedarei san, sálvame e quedarei salvo: para ti é a miña loanza.
15
Velaquí que eles me están a dicir: Onde está a palabra do Señor? Que se cumpra!
16
Pero eu, si, apureime a correr tras de ti por mor da desgraza, eu desexei para min días tranquilos. Ti sábelo ben: a manifestación dos meus labios está ante a túa cara.
17
Non me deas un susto, ti, o meu amparo no día da desgraza.
18
Que se avergoncen os que me perseguen, e non me avergonce eu, que se espavorezan eles e non me espavoreza eu. Fai que veña contra eles o día da desgraza, quebrántaos con dobre quebranto.
19
O Señor faloume deste xeito: —Vai e ponte na porta dos Fillos do pobo, por onde entran e saen os reis de Xudá, e en todas as portas de Xerusalén.
20
Dilles: Escoitade a palabra do Señor, reis de Xudá, todo Xudá, e todos os habitantes de Xerusalén que entrades por estas portas.
21
Así fala o Señor: Pola vosa vida, gardádevos de levar cargas no sábado e de metelas polas portas de Xerusalén.
22
Non saquedes cargas das vosas casas o sábado, nin fagades ningún traballo; máis ben santificade o día do sábado conforme lles mandei ós vosos pais.
23
Pero non escoitaron nin prestaron atención, senón que endureceron a súa testa, obstináronse na desobediencia e en non aprender.
24
En cambio se me facedes caso —é o Señor quen fala—, non metendo cargas polas portas desta cidade no sábado, e santificando o sábado sen facer durante el ningún traballo,
25
entón entrarán polas portas desta cidade os reis e príncipes, que sentan no trono de David, montados en carros e cabalos, acompañados dos seus oficiais, e mais a xente de Xudá e os habitantes de Xerusalén; e esta cidade durará para sempre.
26
Virán das cidades de Xudá e dos arredores de Xerusalén, da terra de Benxamín, da Xefelah, da Montaña e do Négueb, traendo holocaustos, sacrificios, ofrendas e incenso, e eles serán os que ofrezan a acción de grazas no templo do Señor.
27
Pero se non me facedes caso nisto de santificar o sábado e de non levar cargas e metelas polas portas de Xerusalén en sábado, entón prendereilles lume ás portas de Xerusalén, lume que consumirá os seus palacios e non se apagará.
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 18 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52