bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 9
Jeremiah 9
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 10 →
1
Quen me dera no deserto unha pousada de arrieiros, para deixar o meu pobo e afastarme deles, pois son todos uns adúlteros, unha banda de traidores.
2
Manexan coma un arco a súa lingua, a mentira prevalece sobre a verdade, e dominan o país, pois dunha maldade pasan a outra, pero e a min non me recoñecen —é o Señor quen fala—.
3
Gardádevos cada un do seu veciño, non confíe ninguén no seu irmán, pois todos os irmáns enganan e todos os veciños calumnian.
4
Os veciños adúlanse entre eles, pero ninguén di a verdade; adestran as súas linguas para a mentira, cánsanse de cometer iniquidades.
5
Devolven inxuria por inxuria, traizón por traizón, refugan recoñecerme a min —é o Señor quen fala—.
6
Por isto así fala o Señor dos Exércitos: —Ollade: eu heinos de castigar e probar. Como os tratarei diante da filla do meu pobo!
7
A súa lingua é frecha mortífera, cada un di traizóns coa súa boca, e saúda coa "paz" ó seu veciño, pero no seu corazón estalle poñendo unha emboscada.
8
Destas cousas non lles vou pedir contas? —é o Señor quen fala—; dun pobo coma este non vou eu tomar vinganza?
9
Desde o alto dos montes entoarei pranto e lamento, desde as carpaceiras do descampado entoarei elexías, pois mesmo os paxaros marcharon, fuxiron os animais.
10
Converterei Xerusalén nun montón de ruínas, en cova de serpentes monstruosas, arrasarei as cidades de Xudá; non quedará un habitante.
11
Quen é o sabio? Quen entende disto? A quen lle falou a boca do Señor? Que responda: Por que se arruína o país? Por que está feito unha desolación, un deserto polo que ninguén pode pasar?
12
Repuxo o Señor, o Altísimo: —Eles abandonaron a Lei, que eu puxen ante os seus ollos, non fixeron caso da miña voz, nin camiñaron conforme ela;
13
Antes ben, seguiron a teima do seu corazón, seguiron tralos baales, que seus pais lles aprenderan.
14
Por isto así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: —Velaquí que eu lle hei dar a este pobo o asente por comida, heilles dar bágoas por bebida.
15
Dispersareinos entre pobos que nin eles nin seus pais coñeceron; mandarei tras eles a espada, de novo os destruirei.
16
Así fala o Señor dos Exércitos: —Avisade, chamade ás carpideiras, que veñan! mandádelles recado polas mulleres máis sabias, que veñan!
17
Que veñan a toda présa e entoen un pranto por nós, que os nosos ollos se desfagan coas bágoas, que as nosas pálpebras chorreen auga.
18
Escóitase o canto dunha elexía desde Sión: "Que arruinados estamos! Que vergonza tremenda para nós! Velaquí, temos que deixar o país, bótannos dos nosos lares".
19
Escoitade, mulleres, a palabra de Deus, achegade o oído ás palabras da súa boca, aprendédelles ás vosas fillas un canto de loito, cada unha apréndalle á súa veciña o pranto.
20
Subiu a Morte polas nosas fiestras, entrou nas nosas torres, para arrincar os rapaces das rúas, e os mozos das prazas.
21
Cantade así —é o Señor quen fala—: —Hai un estrume de cadáveres de homes, coma o esterco na herdade, coma os monllos detrás dos segadores; non hai quen os recolla.
22
Así fala o Señor: —Que non se ensoberbeza o sabio da súa sabedoría, que non se ensoberbeza o forzudo da súa forza, que non se ensoberbeza o rico da súa riqueza.
23
Se alguén se quere ensoberbecer, que se ensoberbeza disto: de apreciarme e terme en estima a min, pois eu son o Señor que obra a misericordia, e exerce o xuízo e a xustiza na terra. Nestes é en quen eu me comprazo —é o Señor quen fala—.
24
Mirade: están chegando os días —é o Señor quen fala— nos que lles pedirei contas a todos os circuncisos das súas impurezas,
25
A Exipto, a Xudá e a Edom, ós amonitas e a Moab, a todos os que teñen a cabeza rapada polos lados e viven no deserto, (pois todos estes pobos son incircuncisos, pero todo Israel ten sen circuncidar o corazón).
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 10 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52