bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jeremiah 46
Jeremiah 46
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 45
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 47 →
1
Circunstancia na que lle comezou a vir a Xeremías a palabra do Señor contra as nacións.
2
Sobre Exipto, contra as tropas do faraón Nekó, rei de Exipto, cando se atopaba xunto ó río Éufrates, en Kárkemix, cando o derrotou Nabucodonosor, rei de Babilonia, no ano cuarto de Ioaquim, fillo de Ioxías, rei de Xudá:
3
Preparade os escudos e os petos, marchade á guerra.
4
Aparellade os cabalos, montade os corceis. Mantédevos na vosa posición cos cascos, afiade as lanzas, vestide as coirazas.
5
Que é o que estou a ollar? Eles están cheos de pavor, retíranse para atrás, os máis valentes de entre eles son tallados en anacos, escapan ó refuxio, non volven a cara, terror por todo o arredor —oráculo do Señor—.
6
O máis lixeiro non pode fuxir, o máis valente non pode escapar polo norte, contra un brazo do río Éufrates tropezan e caen.
7
Quen é este que sobe coma o Nilo, este con augas que medran coma as dos ríos?
8
É Exipto que sobe coma o Nilo, coma ríos engordan as súas augas. Dicía: "Subirei e alagarei o país, destruirei a cidade e os seus habitantes.
9
Subide, cabalos; que saian os máis valentes: os de Etiopía e os de Libia que embrazan o escudo, e os luditas que agarran e tensan o arco.
10
O día aquel será, para o noso Señor Deus dos Exércitos, o día da vinganza para se vingar dos seus inimigos. A espada devora e fártase, está borracha do seu sangue. Que sacrificio para o noso Señor, Deus dos Exércitos, no país do Norte, xunto ó río Éufrates!
11
Sube a Galaad a buscar bálsamo, virxe, filla de Exipto: en van multiplicas as curas, non hai remedio posible para ti.
12
As nacións infórmanse da túa vergonza, os teus berros enchen a terra: Velaquí un valente, tropeza contra outro valente, e os dous caen xuntos.
13
Esta é a palabra do Señor que lle veu ó profeta Xeremías, cando Nabucodonosor, rei de Babilonia, veu castigar ó país de Exipto:
14
Comunicádeo en Exipto, pregoádeo en Migdol, pregoádeo en Menfis e en Tafnes, dicide: En posición, firme, ti!, que a espada devora ó teu arredor.
15
Por que foxe Apis?, Por que o teu touro non se ten de pé? Velaí o Señor que o empurrou,
16
tropeza moito, caeu ruidosamente. Cada un diralle ó seu compañeiro: "En pé! volvamos co noso pobo, á terra da nosa orixe, por causa da espada poderosa".
17
Invocade o nome do Faraón, rei de Exipto; ó seu poder xa lle pasou o momento.
18
Pola miña vida —oráculo do Rei que ten por nome Señor dos Exércitos—, que así como o Tabor está sobre as montañas, e como o Carmelo está sobre o mar, así virá.
19
Axeita os teus útiles para a catividade, poboación, filla de Exipto, velaí Menfis que se volverá unha desolación, quedará devastada, sen habitantes.
20
Como xovenca bonita preséntase Exipto: desde o norte velaí vén un tabán.
21
Velaí os seus mercenarios no medio dela: son coma xatos de ceba. Tamén eles lle volven a cara, corren todos xuntos sen parar, o día da desgraza vén sobre eles, a hora do seu castigo.
22
A súa voz é coma a da serpente que asubía, porque veñen con forza; con machadas veñen contra el, coma os que cortan as árbores;
23
cortan a súa fraga —é o Señor quen fala— aínda que é impenetrable; multiplicáronse máis cós saltóns non teñen número.
24
A filla de Exipto está chea de vergonza, entrégase ó poder do pobo do Norte.
25
O Señor dos Exércitos, Deus de Israel, di: —Hei castigar ó deus Amón de Tebas, ó Faraón e a Exipto, ós seus deuses e ós seus reis, ó Faraón e ós que confían nel,
26
e entregareinos ó poder dos que buscan acabar coa súa vida, ó poder de Nabucodonosor, rei de Babilonia, e ó poder dos seus servidores. Despois disto, Exipto vivirá tranquilo, coma nos tempos pasados —é o Señor quen fala—.
27
Pero ti, meu servo, Xacob, non teñas medo, non te asustes, Israel, pois eu voute salvar traéndote dun país remoto, e a túa descendencia desde o país da súa catividade. Xacob volverá e vivirá tranquilo, estará en paz e non haberá quen o moleste.
28
Ti, meu servo, Xacob, non teñas medo —é o Señor quen fala—, mira: eu estou contigo; realizarei a destrución entre todos os pobos, a onde te dispersei, pero a ti non te destruirei, senón que te castigarei como é debido, pois non te puiden declarar inocente.
← Chapter 45
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 47 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52